Entradas

Mostrando entradas de julio, 2024

Videoclip

Imagen
Bos días familias!!! Deixábamosvos aquí unha pequena sorpresa que estiveron facendo ao longo  do campamentos estos rapaciños. 

Roupa perdida

Imagen
Moi boas familias!!! Esta é a roupa que quedou aquí durante a segunda quenda, se queredes vir a recollela podedes pasarvos pola recepción da instalación.

Día 8

Imagen
Bo día familias, agora si, chegou o derradeiro día desta experiencia. Como todos os anteriores, espertámonos, almorzamos e lavamos os dentes. Porén, hoxe tivemos que facer as maletas para regresar aos nosos fogares, un momento un chisquiño complicado porque isto significou que este campamento estaba a piques de chegar ao seu fin. Porén, despois de todo isto, aínda puidemos desfrutar de diferentes dinámicas nas que todos e todas nos puidemos despedir dun xeito bonito e inesquecible. Tras infinitas firmas, lágrimas e mostras de agarimo entre todos e todas, chegou o momento de marchar. Así queremos darvos as grazas ás familias pola vosa colaboración en todo momento, pero especialmente grazas a todos os nenos e nenas que fixeron que todos estes días foran tan especiais e inesquecibles, sen dúbida deixastes una pegada en cada un de nós e esperamos que nós tamén en todos vos. Isto non é un adeus, é un ¡ATA PRONTO!

Día 7

Imagen
Bos días de novo queridas familias, somos o equipo técnico de monitores  e monitoras que acompañamos aos vosos fillos e fillas durante esta divertida experiencia. O campamento xa está a punto de rematar e queremos compartir con vostedes este marabilloso ultimo día de actividades. Como todos os dias comezamos levantándonos coas pilas recargadas ás 8:30 da mañá para estar as 9:00, todos preparados para disfrutar un día mais do delicioso almorzo que nos dan o noso espectacular equipo de cociña. Logo, laváronse os dentes, asegurándose de ter sorrisos brillantes e limpos para o resto do día.   Unha vez preparados cas mochilas e todo o imprescindible, baixamos a polos nosos petos reflectantes para a última excursión, unha visita a Sada!! Fomos todos e todas agrupadiños en fila de dous, cos monitores ao noso carón vixiando que non a liáramos, jejeje.   Cando chegamos a Sada, separáronos por os grupos de sempre e fixemos unha actividade con dous monitores. A actividade consi...

Día 6

Imagen
Bos días queridas familias, somos o equipo técnico de monitores  e monitoras que acompañamos aos vosos fillos e fillas durante esta divertida experiencia. Queremos compartir con vostedes o marabilloso inicio do noso día. O día 6 comezou cos nenos levantándose coas pilas recargadas ás 8:30 da mañá. Ás 9:00, todos reuníronse para gozar dun delicioso e abundante almorzo. Logo, laváronse os dentes, asegurándose de ter sorrisos brillantes para o resto do día. Despois reunimonos todos na nosa zona de sofas para revisar que cada neno levase o seu "kit básico de supervivencia en praia" composto por crema para o sol, gorra e cantimplora, toalla e muda. explicamoslle as normas básicas antes de repartir una frutiña para a súa mediamaña, chalecos e arranca cara a praia de gandario en fila de 2 cantando unas cancións de campamento para amenizar este caminiño entre o albergue e a praia. O chegar a praia de Gandario os campistas puideron ter un momento tranquilo no que colocar a toalla na ...

Día 5

Imagen
 Bo día familias!! Un día máis na nosa convivencia na Marina española, e un día máis que quedará no recordo de todos os nosos pequenos. No día de onte continuamos coas nosas rotacións, facendo que a rapazada siga pasando polas nosas actividades. A parte da rotación tamén tivemos tempo para un obradoiro de relaxación para que os cativos e cativas collan un pouco de aire de cara a este intrépido final de quenda, e seguimos xogando todos xuntos ate chegar ben cansadiños a cama. Isto remata familias e o voso descanso vai rematando, en breves voltaremos a vernolas caras!! un saúdo e desfrutade das fotos das vosas crianzas

Día 4

Imagen
Bos días familias! S omos o equipo técnico de monitores e monitoras que acompañamos aos vosos fillos e fillas durante esta divertida experiencia . Como todos estes días, o primeiro que fixemos na mañá de onte foi espertarnos a ritmo de diferentes estilos musicais para empezar o día con toda a enerxía positiva do mundo! Preparámonos rapidamente para desfrutar do almorzo que nos deu toda a forza que precisabamos para afrontar todo o que tiñamos ao longo do día. Rapidamente fomos lavar todos e todas os nosos dentes para... IRNOS Á PRAIA! Unha vez alí, e con toda a motivación, gozamos duns bailoteos que puxeron en movemento os nosos corpos. Con todo este chute de enerxía puxémonos a practicar diferentes deportes como takraw e kimball, aínda que tamén houbo tempo para que todos os nenos e nenas empregaran a súa imaxinación para elaborar as súas propias obras de arte con area. De seguido, tocou o momento de facer un pequeno parón para comer unha peciña de froita e seguir gozando de xogos, ...

Día 3

Imagen
Bo día a todas as familias dos nosos queridos e queridas acampados e acampadas da segunda quenda da Mariña Española. No día de hoxe gustaríanos compartir con todos vós todo o que fixemos no terceiro día. Levantámonos como todas as mañás ás 8:30, para logo baixar ao almorzo ás 9:00 onde desfrutamos dunhas boas tostas, acompañadas con galetas e cereais. Unha vez co bandullo cheo, subimos a lavarnos os dentes para augarlles a festa ás caries. Preparámonos e baixamos á pista para facer uns Activa-T, co obxectivo de afrontar a mañá con gañas e enerxía.     Na mañá de hoxe consistiu en rotacións. Ao grupo A (Acacos) tocoulle xogos tradicionais e sobre rodas; ao grupo B (Bandoleros) participaron no taller de expresión corporal e xogos tradicionais;o grupo C (Caguacates) fixo a ruta ambiental e o taller de expresión; o grupo D (Doritos pochos) grabou un anaco do videoclip e a ruta ambiental; e por último, o grupo E (Eeeehh Chiquipunkis) foi sobre rodas e participou no videoclip. ...