Entradas

Videoclip

Imagen
Bos días familias!!! Deixábamosvos aquí unha pequena sorpresa que estiveron facendo ao longo  do campamentos estos rapaciños. 

Roupa perdida

Imagen
Moi boas familias!!! Esta é a roupa que quedou aquí durante a segunda quenda, se queredes vir a recollela podedes pasarvos pola recepción da instalación.

Día 8

Imagen
Bo día familias, agora si, chegou o derradeiro día desta experiencia. Como todos os anteriores, espertámonos, almorzamos e lavamos os dentes. Porén, hoxe tivemos que facer as maletas para regresar aos nosos fogares, un momento un chisquiño complicado porque isto significou que este campamento estaba a piques de chegar ao seu fin. Porén, despois de todo isto, aínda puidemos desfrutar de diferentes dinámicas nas que todos e todas nos puidemos despedir dun xeito bonito e inesquecible. Tras infinitas firmas, lágrimas e mostras de agarimo entre todos e todas, chegou o momento de marchar. Así queremos darvos as grazas ás familias pola vosa colaboración en todo momento, pero especialmente grazas a todos os nenos e nenas que fixeron que todos estes días foran tan especiais e inesquecibles, sen dúbida deixastes una pegada en cada un de nós e esperamos que nós tamén en todos vos. Isto non é un adeus, é un ¡ATA PRONTO!

Día 7

Imagen
Bos días de novo queridas familias, somos o equipo técnico de monitores  e monitoras que acompañamos aos vosos fillos e fillas durante esta divertida experiencia. O campamento xa está a punto de rematar e queremos compartir con vostedes este marabilloso ultimo día de actividades. Como todos os dias comezamos levantándonos coas pilas recargadas ás 8:30 da mañá para estar as 9:00, todos preparados para disfrutar un día mais do delicioso almorzo que nos dan o noso espectacular equipo de cociña. Logo, laváronse os dentes, asegurándose de ter sorrisos brillantes e limpos para o resto do día.   Unha vez preparados cas mochilas e todo o imprescindible, baixamos a polos nosos petos reflectantes para a última excursión, unha visita a Sada!! Fomos todos e todas agrupadiños en fila de dous, cos monitores ao noso carón vixiando que non a liáramos, jejeje.   Cando chegamos a Sada, separáronos por os grupos de sempre e fixemos unha actividade con dous monitores. A actividade consi...

Día 6

Imagen
Bos días queridas familias, somos o equipo técnico de monitores  e monitoras que acompañamos aos vosos fillos e fillas durante esta divertida experiencia. Queremos compartir con vostedes o marabilloso inicio do noso día. O día 6 comezou cos nenos levantándose coas pilas recargadas ás 8:30 da mañá. Ás 9:00, todos reuníronse para gozar dun delicioso e abundante almorzo. Logo, laváronse os dentes, asegurándose de ter sorrisos brillantes para o resto do día. Despois reunimonos todos na nosa zona de sofas para revisar que cada neno levase o seu "kit básico de supervivencia en praia" composto por crema para o sol, gorra e cantimplora, toalla e muda. explicamoslle as normas básicas antes de repartir una frutiña para a súa mediamaña, chalecos e arranca cara a praia de gandario en fila de 2 cantando unas cancións de campamento para amenizar este caminiño entre o albergue e a praia. O chegar a praia de Gandario os campistas puideron ter un momento tranquilo no que colocar a toalla na ...

Día 5

Imagen
 Bo día familias!! Un día máis na nosa convivencia na Marina española, e un día máis que quedará no recordo de todos os nosos pequenos. No día de onte continuamos coas nosas rotacións, facendo que a rapazada siga pasando polas nosas actividades. A parte da rotación tamén tivemos tempo para un obradoiro de relaxación para que os cativos e cativas collan un pouco de aire de cara a este intrépido final de quenda, e seguimos xogando todos xuntos ate chegar ben cansadiños a cama. Isto remata familias e o voso descanso vai rematando, en breves voltaremos a vernolas caras!! un saúdo e desfrutade das fotos das vosas crianzas

Día 4

Imagen
Bos días familias! S omos o equipo técnico de monitores e monitoras que acompañamos aos vosos fillos e fillas durante esta divertida experiencia . Como todos estes días, o primeiro que fixemos na mañá de onte foi espertarnos a ritmo de diferentes estilos musicais para empezar o día con toda a enerxía positiva do mundo! Preparámonos rapidamente para desfrutar do almorzo que nos deu toda a forza que precisabamos para afrontar todo o que tiñamos ao longo do día. Rapidamente fomos lavar todos e todas os nosos dentes para... IRNOS Á PRAIA! Unha vez alí, e con toda a motivación, gozamos duns bailoteos que puxeron en movemento os nosos corpos. Con todo este chute de enerxía puxémonos a practicar diferentes deportes como takraw e kimball, aínda que tamén houbo tempo para que todos os nenos e nenas empregaran a súa imaxinación para elaborar as súas propias obras de arte con area. De seguido, tocou o momento de facer un pequeno parón para comer unha peciña de froita e seguir gozando de xogos, ...