Día 6


Bos días queridas familias, somos o equipo técnico de monitores  e monitoras que acompañamos aos vosos fillos e fillas durante esta divertida experiencia.

Queremos compartir con vostedes o marabilloso inicio do noso día. O día 6 comezou cos nenos levantándose coas pilas recargadas ás 8:30 da mañá. Ás 9:00, todos reuníronse para gozar dun delicioso e abundante almorzo. Logo, laváronse os dentes, asegurándose de ter sorrisos brillantes para o resto do día.


Despois reunimonos todos na nosa zona de sofas para revisar que cada neno levase o seu "kit básico de supervivencia en praia" composto por crema para o sol, gorra e cantimplora, toalla e muda. explicamoslle as normas básicas antes de repartir una frutiña para a súa mediamaña, chalecos e arranca cara a praia de gandario en fila de 2 cantando unas cancións de campamento para amenizar este caminiño entre o albergue e a praia.



O chegar a praia de Gandario os campistas puideron ter un momento tranquilo no que colocar a toalla na zona delimitada polos monitores para poder tar todos xuntos como a piña que somos, e xa coa nosa posta decidica cos nosos amigos paramos para untarnos en crema de sol para evitar terminar como unha sardiña en san xoan.

Ben untados en crema fixemos uns baile para empezar a quencer o corpo para a gran maña que nos quedaba por diante na praia. Xa listos para afrontar calquer reto que se lles propuxese os campistas xuntaronse polos seus grupos de rotación e os monitores explicaron como funcionaba a carreira de creatividade na que estaban apunto de participar, para esto 3 monitores sentaron no centro dun gran circulo que formamos todos os campistas e monitores e se lles determinou un arbitro especifico para ter claro a quen ten que dirixirse na actividade. Despois a actividade desenvolveuse con toda a normalidade posible nunha actividades con tal número de rapazada, nesta actividades vimos como os campistas traballaban en grupo para poder ir superando as distintas probas que se lle propuxeron (mimica, tatarear a canción e debuxar na arena) desenvolvendo as súas capacidades para poder adaptar a límitación imposta para cada un dos retos. Entre retos encargamanos de amenizarlle o reconto de puntos con uns maravillosos bailes que propuxo una das nosas campistas que estivo desenrrolandola con nos para poder motivar a todoslos e todalas campistas.
Despois desta loca actividade correndo dun lado para outro xuntamos a rapazada para que sentasen na toalla tranquilamente e tomar a merienda de mediamaña que lle repartimos antes, aproveitamos este intre para recordarlles que volvesen a votar crema de sol e darle un bo grolo de auga a cantimplora para manternos ben hidratados. 
Relaxados e coas enerxías recargadas tocou o momento de baño no que toda persoa que quixo tivo a posibilidades de darse un chapuzon mentres os monitores controlabamos que non houbese incidencias delimitanzo a zona de baño formando un cadrado de 64 m2 no que os campistas disfrutaron do refrescante baño e algunha minidinamica realizada polos monitores, como hacer unha conga na auga intentado berrear todos xuntos. Por outra banda fora do auga os nosos monitores prepararon unha zona de cometas para que puisen probar e disfrutar unha nova actividades na que estiveron rompendo a cabeza para manter a cometa no aire e non terminar coa cometa na area e todo enrrolado coas cordas de manexo. Támen un par de monitores prepararon 2 ring de sumo na area na que desenvolvemos unha pequena "loita" na que os campistas intentaban sacar o peto colgado do monitor para poder ganarlles e os monitores sacando do circulo ou levandos a area con coidado.
Ás 13:00 saimos do auga, secamonos ben, cambiamonos e reunimos para arrancar dirección marina española na que os nosos monitores encargaronse de darlle un manguerazo os bañadores e deixar tendido tanto o bañador como a toallas para manter as habitacións limpias.
Ás 14:00 a rapazada xa estaba lista na cola para o comer e disfrutar dun bo plato de lentellas acompañado de ensalada, merluza e pataca asada. Lavamos os dentes e tivemos o tempo libre no que puideron xogar a distintos deportes e facer as chamadas a casas.
Ás 16:00 empezamos a unha intrepidante busqueda do teseouro por toda a instalación buscando o cofre do tesouro escondido na que os campistas tivenron que resolver adiviñanzas para poder encotrar as pistas que os levansen cara ao gran tesouro. Despois de isto xa puideron disfrutar da merenda e repoñer forzas antes da rotación da tarde. Naque os grupos desenvolveron as distintas actividades propostas (Tirolina+ Slackline, Escalada, GeoCaptura, Expresión Artistica e Tiro con Arco). Rematamos coas rotaciñons da tarde reunimonos todos nas gradas para falar sobre a tarde e dirixirnos cara ás duchas e xa para a cea na que cociña deunos un bo plato de sopa quente e berenxena rechea con natilla ou fruta de postre. Subimos a lavar os dentes e baixar o punto de reunión.

Xa encamiñando cara ao final do día fixemos lectura do buzón no que os campistas deixaronos distintos mensaxes e retos tanto a campistas como a monitores e terminamos falando un pouco do día para poder coñecer que sensacións tiñan os nenos e como eles o vivirán.

Para acabar o dia o gran guerreiro dragón chegou para falarlle a rapazada da súa retirada com superheroe e que necesitaba elixir un sucesor que tomará o seu lugar entre os distintos heroes, desenvolvendo loitas por turnos pautados entre os heroes que os distintos grupos de campistas nos estadios que prepararon os monitores, rematamos a velada coa batalla final no pabellón entre Super-chero y Shoeie-ono. Contamos un cuento nocturno antes de acompañar a los campistas a la habitación dejarlos metidos en cama y darles las buenas noches.













Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 8