Día 3


Bo día a todas as familias dos nosos queridos e queridas acampados e acampadas da segunda quenda da Mariña Española. No día de hoxe gustaríanos compartir con todos vós todo o que fixemos no terceiro día.


Levantámonos como todas as mañás ás 8:30, para logo baixar ao almorzo ás 9:00 onde desfrutamos dunhas boas tostas, acompañadas con galetas e cereais. Unha vez co bandullo cheo, subimos a lavarnos os dentes para augarlles a festa ás caries.

Preparámonos e baixamos á pista para facer uns Activa-T, co obxectivo de afrontar a mañá con gañas e enerxía.

 
 
Na mañá de hoxe consistiu en rotacións. Ao grupo A (Acacos) tocoulle xogos tradicionais e sobre rodas; ao grupo B (Bandoleros) participaron no taller de expresión corporal e xogos tradicionais;o grupo C (Caguacates) fixo a ruta ambiental e o taller de expresión; o grupo D (Doritos pochos) grabou un anaco do videoclip e a ruta ambiental; e por último, o grupo E (Eeeehh Chiquipunkis) foi sobre rodas e participou no videoclip.

    

 



Chegamos á hora de xantar e cociña deleitounos cun primeiro plato de ensalada de garabanzos, acompañada dunha ensalasa de leituga, cebola e tomate, e de segundo unha pescada ao forno con patacas e pemento vermello; de postre tivemos un delicioso flan de chocolate. Despois deste manjar, fóronse a cepillar os dentes e baixaron ao tempo libre no que pasámolo moi ben, e no que aproveitaron os nenos e nenas cos apelidos da N á Z para chamar ás familias e contarlles como lles foi o día.
 

Ás 16:00 rematou o tempo libre é, logo de que os monitoras e monitores nos impresionasen cun espectáculo de acrobacias, realizamos un taller na aula de natureza, que consistiu en facer fotografías ao entorno de algo que nos inspirase ou se parecese a algunha forma recoñecible, e ademáis recopilamos follas, paus, flores e demáis materia orgánica do chan para logo facer unha colaxe todos xuntos e xuntas. Ao final, expuxemos todas as ideas aos nosos compañeiros e compañeiras.



Despois dunha pausa para a merenda, no que desfrutamos dun delicioso bocadillo de chocolate e unha froita, realizamos as rotacións da tarde, nas que os Acacos fixeron xeocaptura, os Bandoleros tiráronse en tirolina e subíronse ao slackline, os Caguacates melloraron a súa puntería no tiro con arco, os Doritos Pochos escalaron no rocódromo hinchable e fixeron unha especie de gincana, e os Ehhh Chiquipunkis fixeron o taller de expresión artística.







 

 

 

Rematamos as actividades da tarde e tocou o momento de duchas antes da cea. Tíñanos preparada unha deliciosa crema de calabacín, con a xa tradicional ensalada de leituga, tomate e cebola e un churrasco ao forno (se é ao forno non e churrasco, pero bueno, ese é outro tema) con patacas fritidas. 


Logo subimos a lavar os dentes e baixamos ao noso punto de encontro a ler as cartas do buzón que estaban cheas de retos para os monitores que tiveron que facer. Logo de ler o buzón, fixemos a velada dos ninjas, na que os acampados e acampadas por equipos, tiñan que ir superando todas as probas dos maestros ninjas para logo, o grupo que máis shurikens conseguise, enfrentaríase ao xefe final para recuperar a espada do maestro anciano.

 

 

Despois da velada, lemos un conto para relaxarnos e subir ás habitacións a durmir para rematar o día. 

Os monitores e monitoras estamos moi contentos de seguir compartindo vivencias con estes nenos e nenas e que seguen disfrutando con nós. Ata aquí o resumo do terceiro día. Ata maña!

 



Comentarios

  1. Bonitas fotos, parece que o están a pasar ben; a miña filla non sae en ningunha foto😪

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Día 8