Día 8
Bo día familias, agora si, chegou o derradeiro día desta experiencia. Como todos os anteriores, espertámonos, almorzamos e lavamos os dentes. Porén, hoxe tivemos que facer as maletas para regresar aos nosos fogares, un momento un chisquiño complicado porque isto significou que este campamento estaba a piques de chegar ao seu fin.
Porén, despois de todo isto, aínda puidemos desfrutar de diferentes dinámicas nas que todos e todas nos puidemos despedir dun xeito bonito e inesquecible. Tras infinitas firmas, lágrimas e mostras de agarimo entre todos e todas, chegou o momento de marchar.
Así queremos darvos as grazas ás familias pola vosa colaboración en todo momento, pero especialmente grazas a todos os nenos e nenas que fixeron que todos estes días foran tan especiais e inesquecibles, sen dúbida deixastes una pegada en cada un de nós e esperamos que nós tamén en todos vos. Isto non é un adeus, é un ¡ATA PRONTO!


Moitas grazas por todo, Chloe veu encantada, foi toda unha experiencia e fixo moi boas amigas, graciñas polo mimo e o coidado, un saúdo a toda a equipa, a descansar e ata a volta!!
ResponderEliminarOlaia pasouno genial. Repetiría maña. Graciñas. EU non podo ver o video.
ResponderEliminarSí, o vídeo non se ve.
ResponderEliminarGrazas por todo equipo!! Ahora toca levantar o ánimo...moita diversión estes días! D. xa estraña aos compañeiros e as grandes veladas.
ResponderEliminarAh!Tampouco conseguimos ver o video. Se o poñedes de novo sería xenial
Moitas gracias por todo!!! A verdade e que eu tiña os miñas dubidas de que Roque rematara o campamento pero ven encantado!!! E eso está claro que en gran parte e polo gran traballo de todolos monitores. Xa esta falando do ano que ven. O dito moitas grazas !!!
ResponderEliminar