Día 7
Bos días de novo queridas familias, somos o equipo técnico de monitores e monitoras que acompañamos aos vosos fillos e fillas durante esta divertida experiencia.
O campamento xa está a punto de rematar e queremos
compartir con vostedes este marabilloso ultimo día de actividades. Como todos os dias comezamos levantándonos coas pilas recargadas ás 8:30 da mañá para estar as 9:00, todos preparados para disfrutar un día mais do delicioso almorzo que nos dan o noso espectacular equipo de cociña. Logo, laváronse os dentes, asegurándose de ter sorrisos brillantes e limpos para o
resto do día.
Unha vez preparados cas mochilas e todo o imprescindible, baixamos a polos nosos petos reflectantes para a última excursión, unha visita a Sada!! Fomos todos e todas agrupadiños en fila de dous, cos monitores ao noso carón vixiando que non a liáramos, jejeje.
Cando chegamos a Sada, separáronos por os grupos de sempre e fixemos unha actividade con dous monitores. A actividade consistiu en facer unha ximcana con 20 probas, nas que se atopaban entre outras, atopar un lugar e sacar unha foto, preguntarlle á xente que nos atopábamos, cousas relacionadas con Sada, bailes, etc. Durante este periodo de dúas horas, aproveitamos tamén para facer as nosas compriñas.
Chegados á unha, reunímonos todos para refacer as filas de dous e volver ao campamento. Á volta, deixamos os nosos petos e fomos a comer: puré de verduras, a xa mítica ensalada e coxas de polo con champiñóns. Cando rematamos de comer, limpamos os dentes e fomos ao tempo libre onde aproveitamos para anotarnos aos torneios de basket, fútbol e brilé que xogamos despois do tempo libre, que consistiu en xogar os acampados contra os monitores.
Ás 17:30 tomamos a nosa última merenda, antes da actividade máis refrescante e divertida do campamento, a xincana de auga, onde realizamos varias probas cos monitores. Despois, todos xuntos fixemos unha guerra de auga e unha festa da espuma.
Despois disto, fomos ás duchas a limparnos, ceamos e fixemos a nosa derradeira velada, o furor, que consitiu en realizar varias probas relacionadas ca música, como adiviñar a canción, dicir cancións nas que aparecese unha palabra en concreto, e seguir a canción. Por último, todos xuntos fixemos a festa final cun pequeno tentempé.
E aquí rematou a nosa útlima noite, con algún que outra chorera e moitas apertas aos nosos amigos e amigas.





Comentarios
Publicar un comentario