Día 1:
Bos días queridas familias, somos o equipo técnico de monitores e monitoras que acompañamos aos vosos fillos e fillas durante esta divertida experiencia.
Como vístedes, o día comezou coa recepción e recollida de toda a información necesaria acerca dos vosos pequenos e pequenas, termiando así coa despedida e os últimos mimos antes de comezar con esta experiencia. A medida que os nenos e nenas ían chegando algúns de nós encargabámonos de dinamizar xogos de presentación e así aplacar os nervios de emoción que moitos traían.
Despois destes primeiros momentos, cando xa estabamos todos e todas, pasamos a prepararnos para a hora da comida, onde degustamos de primeiro unha ensalada e menestra de verduras e un segundo prato de patacas fritidas con albóndigas bañadas en tomate que estaban incríbles.
Para comezar coa acción, fixemos unha guerra de cores na que os acamapados/as tiñan que pillar ao equipo de outra cor determinada e defender a súa. Todas e todos participaron e motiváronse moito defendendo e atacando as cores entre gargalladas e moita emoción.
Despois de todo isto, chegou o desexado momento de tantos acampados e acampadas, coñecer todos e cada un dos puntos das instalacións e as habitacións nas que convivirán todos estes días.
Todos nós encargámonos de que cada pequeno e pequena puidese colocar todas as súas pertenzas, acomodarse nas súas respectivas habitacións e ducharse despois de todo un día en movemento.
Logo chegou a cea, onde puidemos degustar os pratos (pizzaaaa!!) que con tanto agarimo prepáranos o persoal de cociña. Despois deste tempo de encher os estómagos e de descanso, acabamos o día cunha velada. Unha velada onde dous equipos (coelliños e pececiños) tiveron que descifrar con códigos unha bonita mensaxe segreda co que acabar o día. Poñémoslle broche final ás actividades coa lectura dun conto antes de subir ás habitacións.
Tras todo o día sen parar, chegou o momento de deitarse, pero non sen antes de que os compoñentes do equipo técnico pasasen polas diferentes habitacións para saber como viviron e sentiron todos e cada un dos nenos e nenas o primeiro día desta experiencia.
E ata aquí foi o primeiro día de todos os que nos quedan, seguiremos contándovos todas as novidades. Ata loguiño!




Genial !! Da gusto saber que lo están disfrutando a tope ! Muchas gracias a todos !
ResponderEliminarMoitas grazas por toda a info. e as fotos de conxunto. Noraboa polo primeiro día!!
ResponderEliminarMil gracias por toda a información e as fotos.
ResponderEliminarEstupenda crónica del primer día! Gracias por la acogida!
ResponderEliminarMoitas gracias por contarnos todo con tanto detalle! Vese que o están pasando moi ben!
ResponderEliminarMoitas gracias polas fotos. Eu hoxe faleib co meu fillo menos dun minuto, moi bó sinal. Pasándoo pipa, seguro. Graciñas!
ResponderEliminar