Día 1:

Bos días queridas familias, somos o equipo técnico de monitores e monitoras que acompañamos aos vosos fillos e fillas durante esta divertida experiencia. 


Pasámonos por aquí para contarvos todo o que fixemos onte no primeiro día de campamento. 

Como vístedes, o día comezou coa recepción e recollida de toda a información necesaria acerca dos vosos pequenos e pequenas, termiando así coa despedida e os últimos mimos antes de comezar con esta experiencia. A medida que os nenos e nenas ían chegando algúns de nós encargabámonos de dinamizar xogos de presentación e así aplacar os nervios de emoción que moitos traían.

 Despois destes primeiros momentos, cando xa estabamos todos e todas, pasamos a prepararnos para a hora da comida, onde degustamos de primeiro unha ensalada e menestra de verduras e un segundo prato de patacas fritidas con albóndigas bañadas en tomate que estaban incríbles.


Co estómago cheo e a enerxía cargada, chegou o momento no que todos os nenos e nenas tiveron os seus primeiros momentos de interacción a través de xogos xestionados. Todo iso foi seguido dos primeiros bailes de tantos que nos esperan durante estes días, bailes que despexaron os poucos nervios que quedaban.

 
Xa máis tranquilos, o equipo técnico presentámonos formalmente, falámoslles un pouco de cada un de nós e confesámoslles algúns dos nosos segredos máis divertidos. Un momento especialmente importante xa que pretendemos que os nenos e nenas atopen nos seus monitores, ademais desas figuras de diversión, unha referencia á cal acudir en caso de dúbidas, inquietudes ou problemas. 

Para comezar coa acción, fixemos unha guerra de cores na que os acamapados/as tiñan que pillar ao equipo de outra cor determinada e defender a súa. Todas e todos participaron e motiváronse moito defendendo e atacando as cores entre gargalladas e moita emoción.

Despois de todo isto, chegou o desexado momento de tantos acampados e acampadas, coñecer todos e cada un dos puntos das instalacións e as habitacións nas que convivirán todos estes días.

Todos nós encargámonos de que cada pequeno e pequena puidese colocar todas as súas pertenzas, acomodarse nas súas respectivas habitacións e ducharse despois de todo un día en movemento. 

Logo chegou a cea, onde puidemos degustar os pratos (pizzaaaa!!) que con tanto agarimo prepáranos o persoal de cociña. Despois deste tempo de encher os estómagos e de descanso, acabamos o día cunha velada. Unha velada onde dous equipos (coelliños e pececiños) tiveron que descifrar con códigos unha bonita mensaxe segreda co que acabar o día. Poñémoslle broche final ás actividades coa lectura dun conto antes de subir ás habitacións.



Tras todo o día sen parar, chegou o momento de deitarse, pero non sen antes de que os compoñentes do equipo técnico pasasen polas diferentes habitacións para saber como viviron e sentiron todos e cada un dos nenos e nenas o primeiro día desta experiencia. 

E ata aquí foi o primeiro día de todos os que nos quedan, seguiremos contándovos todas as novidades. Ata loguiño!

Comentarios

  1. Genial !! Da gusto saber que lo están disfrutando a tope ! Muchas gracias a todos !

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por toda a info. e as fotos de conxunto. Noraboa polo primeiro día!!

    ResponderEliminar
  3. Mil gracias por toda a información e as fotos.

    ResponderEliminar
  4. Estupenda crónica del primer día! Gracias por la acogida!

    ResponderEliminar
  5. Moitas gracias por contarnos todo con tanto detalle! Vese que o están pasando moi ben!

    ResponderEliminar
  6. Moitas gracias polas fotos. Eu hoxe faleib co meu fillo menos dun minuto, moi bó sinal. Pasándoo pipa, seguro. Graciñas!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Día 8