Día 8



Bo día familias, agora si, chegou o derradeiro día desta experiencia. Como todos os anteriores, espertámonos, almorzamos e lavamos os dentes. Porén, hoxe tivemos que facer as maletas para regresar aos nosos fogares, un momento un chisquiño complicado porque isto significou que este campamento estaba a piques de chegar ao seu fin.

Porén, despois de todo isto, aínda puidemos desfrutar de diferentes dinámicas nas que todos e todas nos puidemos despedir dun xeito bonito e inesquecible. Tras infinitas firmas, lágrimas e mostras de agarimo entre todos e todas, chegou o momento de marchar.

Así queremos darvos as grazas ás familias pola vosa colaboración en todo momento, pero especialmente grazas a todos os nenos e nenas que fixeron que todos estes días foran tan especiais e inesquecibles, sen dúbida deixastes una pegada en cada un de nós e esperamos que nós tamén en todos vos. Isto non é un adeus, é un ¡ATA PRONTO!





Comentarios

  1. Moitas grazas por todo, Chloe veu encantada, foi toda unha experiencia e fixo moi boas amigas, graciñas polo mimo e o coidado, un saúdo a toda a equipa, a descansar e ata a volta!!

    ResponderEliminar
  2. Olaia pasouno genial. Repetiría maña. Graciñas. EU non podo ver o video.

    ResponderEliminar
  3. Grazas por todo equipo!! Ahora toca levantar o ánimo...moita diversión estes días! D. xa estraña aos compañeiros e as grandes veladas.
    Ah!Tampouco conseguimos ver o video. Se o poñedes de novo sería xenial

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias por todo!!! A verdade e que eu tiña os miñas dubidas de que Roque rematara o campamento pero ven encantado!!! E eso está claro que en gran parte e polo gran traballo de todolos monitores. Xa esta falando do ano que ven. O dito moitas grazas !!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog